O Covelo | Repartidos en tres grupos as e os voluntarios participantes na actividade organizada pola asociaicón Covelo Natural retiraron arredor de trinta sacos de lixo das marxes dos ríos, camiños e estradas. Así, amosando o seu compromiso cun medio natural limpo e sen residuos, as persoas voluntarias celebraron o Día Mundial da Auga.
Esta actividade realizada en colaboración co Concello de Covelo permitíu a limpeza das beiras do río de Coveliño no lugar de Laxiñas, da Poza Lavandeira en Baldomar e do arcén da estrada provincial no tramo Paraños-Covelo.
Roupa, calzado, restos de obras, vidro, electrodomésticos e moito plástico son algúns dos residuos que o voluntariado recolleu para depositar no punto limpo municipal. Dende a asociación Covelo Natural e dende o Concello queren agradecer a participación e traballo destas persoas, tanto de Covelo como de outros concellos, que ademais de pór a xenerosa man de obra axudaron cos seus vehículos todoterreos a transportar a carga dende os accesos ao centro da vila.
Dende Covelo Natural adiantan que organizarán novas xornadas nas que coidar e realizar tarefas de mantenemento e posta en valor do patrimonio natural de Covelo, un patrimonio que está nas mans de todas e todos nós.