O Covelo | O Concello de Covelo convida a toda a cidadanía a participar na actividade gratuíta organizada en colaboración coa Fundación Celta de Vigo Eurorregión Celeste o vindeiro luns día 4 de decembro coincidindo co partido que desputará o Celta de Vigo contra o Cádiz.
As persoas participantes sairán ás 19 horas dende o pavillón municipal nun autobús pagado polo Concello. Unha vez no estadio de Balaídos visitarán o museo do Real Club Celta de Vigo onde tamén realizarán unha fotografía grupal de recordo e serán agasallados cunha bufanda do club.
Ás 21 horas poderán gozar do partido dende a grada de Río Baixo e ao remate volverán de novo a Covelo no autobús. Todas as actividades programadas para esta viaxe son de balde.
Para participar haberá que estar empadroada/o e inscribirse a partir de maña mércores día 15 nas oficinas do Concello de 9 a 14 horas aportando o DNI orixinal. Para obter máis información deben chamar ao número de teléfono 986 65 00 27 (ext. 4) ou consultar a seguinte ligazón visita e partido do Celta.