O Covelo | A concelleira de Emprego e Formación do Concello de Covelo, Lourdes Enes, e a concelleira de Igualdade, María José Valiñas, entregaron os diplomas do curso de carretilleira/o, impartido dentro de programación do VII Plan de Formación do Concello de Covelo, un documento deseñado de xeito transversal entre as dúas concellerías para a promoción da inserción laboral con especial atención á formación das mulleres.
Do 16 ao 18 de outubro e cunha duración de quince horas desenvolveuse este curso de operador/ de carretillas elevadoras cun horario de tarde de 15:30 a 20:30 e con clases teóricas no auditorio municipal e clases prácticas con exercizos e cun circuíto dentro do punto limpo do Concello.
No marco deste sétimo plan desenvolvéronse no mes de outubro tres novos cursos íntegramente no concello de Covelo para evitar os desprazamentos e facilitar a participación e un nas instalacións de APETAMCOR no Porriño para obter o permiso de condución ADR básico e cisternas para o que peche o prazo de inscrición mañá día 20.
Por outro lado no marco do III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres do Concello de Covelo ofertouse para as mulleres maiores de 29 empadroadas no concello seis prazas para obter os carnés de conducir B, C e CAP. Nos últimos seis anos o Plan de Formación do Concello de Covelo contribuíu a mellorar o curriculum de arredor de 500 persoas incrementándose, ano tras ano, o interese e a participación.