O Covelo | O goberno de Covelo quere agradecer o traballo de todas as persoas que fixeron posible unha nova edición das festas patronais e do churrasco e traslada, tamén, o seu agradecemento a todas e todos os que decidiron celebrar estes tres días de festa en Covelo.
Un ano máis, as festas patronais e do churrasco contaron cunha alta participación tanto nas actividades programadas como na propia festa gastronómica na que se venderon todos os tickets.
“Ano tras ano, temos a oportunidade de gozar de tres intensos días de convivencia e confraternidade nas que compartimos diferentes actividades programadas para satisfacer a todas as franxas de idades. Queremos agradecer o traballo de todas as persoas que estiveron detrás facendo posible que todo saira ben, agradecer tamén aos musicos as súas actuacións e, como non, a todo o público asistente. Destacar, novamente, a especial implicacion de Nito e de todo o equipo de preparación, empratado e reparto do churrasco”, explica o alcalde Pablo Castillo.
Nestes tres días Covelo acolleu concertos, actividades infantís, música de orquestras e de charangas e a súa festa gastronómica celebrada no campo da feira e nos locais de hostalaría servindo máis de duas mil racións de churrasco con pementos.