O Covelo | Con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras o Concello de Covelo vístese de cor verde en apoio ás persoas que as padecen. Na noite do 28 para o 29 de febreiro a fachada do edificio do Concello iluminouse de verde para visibilizar este tipo de doenzas.
O Concello tende a man a FEGEREC (Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas) para amosar a súa solidariedade con estas persoas. A Federación ten puntos de atención nas catro provincias galegas nas que traballa para contribuír ao coñecemento das enfermidades raras, a súa prevención, tratamento e o coidado das persoas que as padecen en Galicia.