Joaquim Bosch/eldiario.es | Houbo un tempo ancestral no que os Reis aseguraban que os seus privilexios procedían do dereito divino. Deus puxéraos no máis alto de forma máxica, como por arte de encantamiento. Non se lle podía esixir responsabilidade polos seus actos: era a divinidade na terra e xulgar ao Rei era tan irrealizable como xulgar ao mesmo Deus. A inviolabilidade real é un vestixio daquelas crenzas.
A sociedade democrática actual parte de visións moi distintas. Os cargos estatais non deben os seus posto a ningunha deidade sobrenatural, senón que están fundamentados na lexitimidade democrática. Cada persoa conta cun voto para elixir aos seus gobernantes. Os dereitos e deberes desenvólvense dende o principio de igualdade ante a lei.
A partires de aí, podemos expoñer unha premisa difícil de cuestionar para calquera demócrata: todos os cargos públicos deberían actuar con transparencia, rendir contas e dar explicacións da súa xestión.
Este axioma non debería contemplar excepcións. Debe aplicarse aos alcaldes, os presidentes autonómicos ou ao presidente do gobierno. E tamén ao xefe do Estado, tanto nunha república como nunha monarquía parlamentaria. Só se pode defender o contrario si se invoca o arcaico dereito divino dos reis, como se continuáramos na Idade Media.
Resúmeo moi ben José Antonio Zarzalejos, xornalista monárquico de prestixio e nada sospeitoso de revolucionario, cando indica que unha monarquía parlamentaria carece de sentido si non actúa con transparencia, austeridade e exemplariedade responsable.
“Unha monarquía parlamentaria carece de sentido si non actúa con transparencia, austeridade e exemplariedade responsable”
Por exemplo, se cualquera cargo político debe presentar unha declaración de bens, coa finalidade de prevenir incrementos patrimoniais fraudulentos, sería conveniente que o Xefe do Estado fixera o mesmo.
Se calquera organismo público debe divulgar como executa seus orzamentos. Non se acaba de entender que a Casa do Rei poida actuar cunha opacidade na xestión económica do diñeiro público que recibe.
Se calquera gobernante debe responder penalmente por percibir un suborno, representa unha carta branca moi inquietante que o Xefe de Estado sexa inviolable e poida quedar impune si perpetra exactamente á mesma conducta. Como sinala Andrés Boix, determinados brindaxes son dubidosamente conciliables coas tendencias normais nunha democracia.