O CPI da Cañiza celebrou o “Venres de Entroido”.
Nas Neves, fronte á Casa do Concello, desfilou o alumnado do CEIP, das Unitarias de Rubiós e de Taboeixa e da Galiña Azul.
En Gondomar, alumnado, profesorado e veciños compartiron un Entroido moi colorido.
En Salceda, fronte ao Concello, os centros escolares desfilaron coa presenza da Alcaldesa Loli Castiñeira.
O Porriño fixo valer a súa tradición de Entroido cunha ampla participación veciñal con moito humor e mensaxes de solidariedade con Valencia.
Os escolares de Ponteareas percorreron dende o Concello ata Praza Maior e Reveriano Soutullo.
En Tomiño foi “Venres de Foliada” para dar comezo ao Entroido.