Salceda de Caselas | A alcaldesa de Salceda de Caselas, Dolores Castiñeira, procedeu a asinar o cese da súa Xefa de Gabinete, Tere Pérez, a única persoa que exercía traballos encomendados a persoal de confianza, ao non ratificar o pleno municipal o decreto de nomeamento. O cese é efectivo dende o día 21 de agosto.
Os votos en contra do PP e do Grupo Mixto-BNG e a abstención do PSOE foron así determinantes. Deste xeito, a oposición salcedense volveu a bloquear os soldos da alcaldesa Castiñeira e do seu equipo. O goberno local indicou que a corporación decidiu non aprobar o nomeamento “nas mesmas condicións que figuraban no orzamento do Concello nin con outras características diferentes, como fora a pretensión inicial de Movemento Salceda o que, na práctica, significa o rexeite a nomeamento deste persoal eventual e que se produce por vez primeira desde o ano 2006”. Los votos en contra del PP y del Grupo Mixto-BNG y la abstención del PSOE fueron determinantes.
A pesares de que un dos grupos políticos (PSdeG-PSOE) mostrouse a favor de que o persoal eventual puidera existir sempre en cando non se actualizase o seu salario (igual que en 2019), finalmente na sesión plenaria decidiu absterse, argumentando agora que o que se trataba era o conxunto, entendendo que non se podía aprobar o persoal eventual se non eran aprobadas as retribucións do resto dos concelleiros e concelleiras do goberno e da corporación. En consecuencia, o decreto asinado no seu día para cubrir o posto vacante por cambio de alcaldesa quedou sen efecto.
Tere Pérez, a persoa que viña desempeñando o cargo de Xefa de Gabinete, prestou os seus servizos tamén durante o goberno de coalición da pasada lexislatura, traballando por igual para os dous partidos nas mesmas condicións que agora o PsdeG-PSOE decide non apoiar.
A alcaldesa lamenta a decisión de non ratificar o decreto polo Pleno por cando esta persoa de confianza e que no orzamento aparece como Persoal eventual, denominado “auxiliar administrativo”, realizaba, entre outras, importantes funcións para o goberno e para a Corporación no seu conxunto, entre elas o apoio ao departamento de secretaría na xustificación e xestión de subvencións, tarefas que recaerán agora plenamente nun departamento xa de por si cunha gran carga de traballo.
Esta é a segunda vez que o equipo de goberno leva o posto do persoal de confianza ao pleno. A primeira propondo unha actualización salarial en base ao IPC con respecto a proposta actual, e a segunda, este 21 de agosto, atendendo a petición do PSdeG-PSOE de deixar a cantidade como estaba establecida en 2019, o que, lamentablemente, non serviu para a ratificación.