Salceda de Caselas | O Goberno local quere mostrar a súa indignación ante ao acto que tivo lugar na sede do PP o pasado luns 18 de xuño tras a visita do Conselleiro de Infraestructuras, Territorio e Medio Ambiente Agustín Hernández.
Se quere facer unha chamada de atención ante este tipo de actos partidistas, e lamenta que o Conselleiro non faga públicas as inversión que terán lugar no municipio e nas que traballa o Goberno municipal, na Casa do Concello que é a Casa do Pobo.
O Concello de Salceda non só aposta polo saneamento de Budiño, senón que quere ir máis alá para que se licite un maior servizo de saneamento en todo o municipio sen centrarse única e exclusivamente no servizo a unha parroquia, senón que do que se trata é de que o conxunto do municipio poda estar conectado na súa totalidade á rede de saneamento.
Ao mesmo tempo se está a traballar noutras liñas de investimento no municipio como a mellora da traída de augas no centro da vila, a instalación de fibra óptica para a mellora das telecomunicacións, a instalación da rede de gas natural, mellora da intalacións do centro de desenvolvemento local do Torrón como aposta firme polo emprego.
Agardamos dende o Goberno municipal que ante a licitación de futuras obras que se irán desenvolvendo como a continuación da senda do río Caselas, a Humanización da Praza da Devesa ou a de maior necesidade, á construcción do novo Centro de Saúde se anuncien no lugar correspondente que é a casa do Concello.