Ponteareas | O Goberno Local explicou hoxe, na Xunta de Voceiros celebrada a petición de ACIP, a situación da Policía Local da localidade. O concelleiro de Bo Goberno e de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, ofreceu os datos oficiais sobre o cadro de persoal. A Policía Local conta a día de hoxe con 17 efectivos repartidos do seguinte xeito: un oficial, 11 axentes e 5 auxiliares. Deles, tres axentes están de baixa prolongada. Ademais, na Academia Galega de Seguridade Pública está en marcha o proceso de selección de tres novos axentes e un oficial que se deberán incorporar en 2021, incrementando para entón o número de policías locais até os 16. Ademais, hai varias semanas aprobouse a oferta de emprego público do Concello con 2 prazas máis de axentes (as que se poden convocar neste exercicio por ter quedado vacantes en 2019) e cuxo proceso de selección debe convocar a Academia Galega. Por último, prevese que a oferta de emprego público de 2021 inclúa as tres prazas vacantes deste ano 2020 producidas por falecemento, mobilidade e promoción interna. Deste xeito, no caso de que non se produzan traslados a outros concellos, o cadro de persoal da Policía Local para o ano 2022 estaría conformado por 21 efectivos dos que 2 serían oficiais e 19 axentes, triplicando así a cifra de 7 axentes do ano 2019. O edil nacionalista sinalou que esa cifra tan exigua foi consecuencia das xubilacións, excedencias e traslados producidos entre finais de 2017 e comezos de 2019, un total de 10 prazas, e a longa duración legal dos procesos de selección de novos axentes.
Segundo Mera, “antes de 2015 os gobernos das dereitas ponteareáns non cubriron en prazo varias prazas vacantes da Policía Local o que conlevou a súa desaparición. En contraste, o actual goberno desde 2015 está convocando e cubrindo do xeito máis rápido posíbel legalmente todas as prazas vacantes que a normativa permite”.
Malia as limitacións do cadro de persoal, Mera lembra que “estamos facendo un esforzo con servizos extraordinarios nas noites das fins de semana. Mentres que moitos concellos semellantes a Ponteareas suprimiron nos últimos meses os turnos de noite, para ser atendidos só pola Garda Civil, nós continuamos prestando o servizo