Mos | Hoxe voltou o Día da Rosa con máis forza que nunca, incluso con maior participación de ramos que en edicións anteriores á pandemia. Fíxoo ademáis co solemne acto de presentación da letra do Himno Municipal, Alborada Camiño da Rosa, composta por Xulio Lorenzo. A devandita letra é autoría de Antonio Barros e Ialma, gañadores do concurso para escribila.
Tamén tiveron o seu lugar e recoñecemento polo gran traballo realizado os outros 5 concursantes: Roi García Lorenzo, Rubén Campo Gil, Gonzalo Otero Lago, José Rodríguez Conde e Albino Rodríguez Cambeiro.
A xornada comezou ás 11h da mañá con Misa Solemne cantada pola Coral Ventos do Val e con saída da cerimonia amenizada musicalmente polo grupo de gaitas Ruada de Torroso.
A continuación, deu paso ao pregón a cargo dos gañadores do concurso da letra do himno, o Secreterio Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez. Tamén estiverpon presentes outras autoridades autonómicas como a Delegada Territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias e o Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, que pechou o acto.
Tras o pregón chegou a entrega de premios dos dous clásicos concursos do Día da Rosa: de rosas e de empanadas de pan de millo.
Premios concursos de rosas por parroquias:
Mellores rosas de Sanguiñeda: Nº 4 Mercedes Cabaleiro.
Mellores rosas de Tameiga: Nº 1 Genaro Rodríguez.
Mellores rosas de Dornelas: Nª 12 Dorita Leirós.
Mellores rosas de Torroso: Nº 16 María Romero.
Mellores rosas de Mos: Nº 5 Marcos Pazos e Emma Verguela.
Mellores rosas de Petelos: Nº 23 Rosana Campos.
Mellores rosas de Guizán: Nº 6 Sita.
Mellores rosas de Cela: Nº 4 Evaristo Ucha.
Mellores rosas de Pereiras: Nº 6 Abel Alonso.
Mellores rosas de Louredo: Nª 8 Delfina Rodríguez.
MELLORES ROSAS DE TODO O CONCELLO DE MOS: Os nenos da parroquia de Mos Marcos Pazos e Emma Verguela.
PARROQUIA CON MAIOR PARTICIPACIÓN: Sanguiñeda con 33 ramos participantes.
Premios concursos de empanada de pan de millo:
Mellor presentación: Nº 8 Rosa Durán.
Maior tamaño: Nº 13 Aitana Das Dores.
Mellor sabor: Nº 16 María del Carmen Domínguez.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacaba hoxe na súa intervención que “Celebramos a Festa da Rosa máis especial dos últimos anos, co calor humano da veciñanza, presentando a letra do noso himno e con máis rosas e máis fermosas que nunca. Voltamos a poder celebrar e compartir xuntos, tras dúas edicións marcadas polas restriccións sanitarias. Voltamos cunha Festa da Rosa renovada e mellorada. Este ano o calor humán voltou por fin á Festa da Rosa, o calor dos veciños e veciñas, algo que me emociona enormemente.
Tamén é unha Rosa moi especial porque presentamos oficialmente a letra do noso himno: a Alborada Camiño da Rosa composta por Xulio Lorenzo. Felicitar e agradecer a todos os participantes as súas fantásticas propostas. Nesta Festa da Rosa 2022, sinto máis que nunca o orgullo como alcaldesa, pero sobre todo como mosense, de formar parte deste gran pobo que é Mos”. Tivo tamén a rexedora local unhas palabras de especial agradecemento e noraboa pola organización da festa para a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro.
Tocando o final da mañá a Banda de Música Xuvenil de Torroso deu o seu tradicional concerto do Día da Rosa.
O acto rematou con todo o público presente cantando o himno, previo reparto dun folleto coa letra, xunto cos autores da letra, Antonio Barros e Ialma, e tocando o compositor do himno municipal Alborada Camiño da Rosa, Xulio Lorenzo, a Banda de Música Xuvenil de Torroso e a Banda de Gaitas Ruada de Torroso.
Os presentadores do acto e Mestres de cerimonia foron Alejandro Pérez e Cristina Maró.
A guinda gastronómica da mañá púxoa a exaltación e degustación de empanada de pan de millo a cargo da Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña, a Asociación BaRes Mos e os panadeiros de Mos.