Ponteareas | As difíciles relacións económicas e de propiedade que existían en Galicia crearon situacións de tensión que, nalgunhas ocasións, remataron con actos violentos que conmocionaron á comunidade.
O historiador ponteareán Francisco Candeira recolle e analiza estas complicadas situacións no seu libro ‘Crimes antigos na Galicia rural’, que presenta este venres 3 de xuño na Biblioteca Municipal de Ponteareas nun acto a partir das 20.30 horas aberto ao público e con entrada libre.
No seu libro, o autor recupera para a memoria colectiva tres actos criminais cometidos en terras do Condado entre 1911 e 1937, unha época na que por razóns de poder político, de intereses económicos ou de incultura desatáronse os máis primitivos instintos que conduciron a traxedias privadas e escándalos públicos.
O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a achegarse á biblioteca municipal e coñecer esta obra de grande intensidade que devolverá ao público asistente ao pasado.