Salvaterra de Miño | O pasado mércores o IES de Salvaterra de Miño organizou o I Festival das Letras Galegas, unha máis das actividades enmarcadas dentro do mes maio que conmemoran esta data tan especial dentro do calendario este ano adicado á escritora Luisa Villalta.
Durante a tarde de celebración o alumnado puido desfrutar de diferentes actuacións a
cargo da Banda de Musica de Salvaterra, as pandereteiras do IES Salvaterra, unhas
pequenas obras teatrais representadas por alumnos, alumnas e profesorado do centro e
unha actuación de baile de 1º da ESO.
O acto serviu tamén para inaugurar o patio inclusivo, un novo espazo de máis de 1.100
m2 de recente creación e que posibilitará que o alumnado desfrute dun espazo ó aire
libre nos tempos de recreo. A obra con céspede sintético e mesas será o lugar para facer
actividades non deportivas e de convivencia tales como círculos restaurativos para a
reflexión e expresión de emocións ou as actividades das parellas TEI (Titorías Entre Iguais) entre outras.
O equipo directivo do IES Salvaterra de Miño, que conta actualmente con máis de 600
alumnos e alumnas, foi o que iniciou este proxecto que contou coa colaboración do
Concello de Salvaterra de Miño e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia.