Ponteareas | Pedro Alfaro Troncoso é desde xuño de 2013 o presidente da S.D Juvenil de Ponteareas, entidade que acaba de ascender á Terceira División do fútbol nacional e que neste 2021 cumpre os seus 70 anos de historia.
Por qué entraches no Juvenil de Ponteareas?
Foi moi fácil, estábamos nas tertulias do Esportivo, e alguén comentou “O Juvenil é unha desgraza”. Aínda que eu estaba vinculado co ciclismo, seguía pagando o meu recibo de socio pero ía (ao campo de) Pardellas cada dous ou catro anos. Nin sabía na categoría que estábamos. Fundamentalmente os que me deron a puntilla para decidir entrar no Juvenil foron Manolo Fernández, Manolo Da Ponte, Manolo de Prudencio, e Juan Sotelo, da parroquia de Oliveira. Comentáronme que o Juvenil estaba a punto de descender á Terceira autonómica, tamén denominada Terceira Provincial, a categoría máis baixa que había no fútbol.
“Con Telmo Pedrera, que fíxose cargo da parte técnica, e co ‘Cholo” Sobral’, quen era o adestrador, marcámonos o obxectivo de Terceira a Terceira’. En sete anos fumos subindo de categorías”
Con Telmo Pedrera, que fíxose cargo da parte técnica, e co “Cholo” Sobral, quen era o adestrador, marcámonos o obxectivo de “Terceira a Terceira”. En sete anos fumos subindo de categorías.
Ti nese momento realmente creías que era e “Terceira a Terceira”?
A miña nai sempre dicía que eu era moi cabezón. Nas miñas distintas tarefas profesionais nas que estiven, como o ciclismo, sempre marcámonos obxectivos e así fóronse conquerindo.
Antes dicíanse que todas as aldeas de Ponteareas e Salvaterra tiñan un equipo de fútbol e que desa maneira era imposible facer un equipo semi-profesional. Iso segue existindo agora?
Non. Por desgraza nas parroquias agora só quedan Oliveira, Areas e Xinzo. Mais perto de nós están o Pesqueiras, O Castelo, e xa despois están O Covelo, A Cañiza, Mondariz, Salvaterra, O Progresista en Fornelos… Eu cando falo de Ponteareas, falo do que é a bisbarra, da comarca Condado-Paradanta.
Pero agora hai moitos menos equipos.
Si, por desgraza O Progresista deixouno fai un par de anos.
O Juvenil, vese favorecido pola desaparición de tantos equipos?
Non porque os rapaces agora cando empezan a xogar fano con 4 ou 5 anos, veñen das escolas da S.D. Ponteareas ou Vila do Corpus. Pero por desgraza estanse indo a O Porriño, á escola de Denis Suárez en Salceda, que está funcionando moi ben, outros ao Santa Mariña, e os mellores van ao Celta. Eu persoalmente penso que os rapaces, como mínimo ata rematar cadetes, non debían saír do seu pobo e despois, aqueles que teñan condicións, pois xogar nunha liga nacional.
Nós tíñamos co difunto Pepe Represas (ex alcalde de Ponteareas falecido en maio de 2021) o “Programa Juvenil” que buscaba como mínimo a colaboración da Sociedade Deportiva Ponteareas, que agora mesmo é filial do Juvenil, e que tódolos equipos de base estean como mínimo en Liga Galega porque faríache ter moito mais nivel e así os rapaces non teñen que saír a Vigo, O Porriño ou Salceda. Este proxecto vai polo bo camiño. Este ano tivemos conversas moi avanzadas co Vila do Corpus. Para 2022 temos que ter a base fusionada.
Pero o Juvenil tiña tamén un equipo juvenil.
Si pero este ano o equipo juvenil noso integrouse na S.D. Ponteareas. Xa iniciáronse tamén os adestramentos do equipo B, que é o que queremos darlle acougo a todos eses rapaces que saen de Junior, de Juveniles, e que non teñen aínda a experiencia e calidade suficiente para xogar en Terceira Autonómica, que adestren algúns deles co primeiro equipo e que logo compitan co equipo B. Sen esquecernos nunca do apoio e colaboración que temos co Oliveira, co Xinzo, con As Neves, incluso con A Cañiza. O Juvenil ten que ser como a vila de Ponteareas no plano administrativo, comercial. O Juvenil ten que ser a cabeceira da comarca e conquerir pouco a pouco con tódolos clubs, colaboracións para facer a base do Juvenil con xente da bisbarra.
Como enfocas o futuro inmediato do Juvenil? Hai xogadores, equipo técnico e diñeiro suficientes?
Comecemos polos técnicos. Fixemos no seu momento unha aposta na que xa tiñamos apalabrada a continuidade dun técnico, Óscar Dimerans, un gran adestrador con quen ascendemos da Primeira Autonómica a Preferente. Pero veu a pedirnos que rescindíramos o seu contrato por querer marchar a un clube mais próximo ao seu fogar. Lle deixamos ir sen ningún problema.
“A proposta de varios directivos foi apostar por Lino Estévez, de Salceda, que naquel momento tiña 23 anos. Agora ten 27 anos e posúe o máximo título nacional de adestradores. Con el dimos este ano o salto á Terceira”
A proposta de varios directivos foi apostar por Lino Estévez, de Salceda, que naquel momento tiña 23 anos. Agora ten 27 anos e posúe o máximo título nacional de adestradores. Con el dimos este ano o salto á Terceira. O preparador físico é Daniel Da Silva, de Crecente, ven do mundo do ciclismo e xa adestrara ao equipo B, que ven sen competir desde 2020. O segundo adestrador é Tomás Comesaña, anteriormente xogador do Juvenil e do Rápido de Bouzas. Temos unha coach, Loli, que fai traballos de psicoloxía e un fisio que é de Vigo.
O fundamental é que comprendan o xogo que os nosos técnicos queren. O importante é que o equipo B colla a sintonía do equipo A. Como din moitos técnicos, “o Juvenil de Ponteareas trata moi ben o balón”. Temos moita carga física pero sobre todo temos moito xogador de fútbol. É unha identidade que temos dende fai anos.
A día de hoxe, en Terceira, entre Vigo e Ourense, só estamos nós. Na provincia de Pontevedra nestes momentos só estamos cinco equipos en Terceira: o Estradense, o Rápido de Bouzas, o Choco de Redondela que é o noso espello porque ten unha grande base de escola, está en División de Honor en Junior, en cadetes e infantil na máxima categoría. Unificaron as escolas e alí os tes, xogando cada dous anos a fase de ascenso á Segunda B, cun presuposto moi xusto pero que saca rapaces da canteira; e o Coruxo. Outro equipo que me gusta mirar é o Betanzos. A nivel de Estado, o Amorebieta, que este ano subiu a Segunda. Un pobo de 19.000 habitantes, nós temos 23.000.
“O entramado é un gran corpo técnico. Agora temos que empezar a crecer no apoio institucional, empezando polo municipal, tomando en conta que neste 2021 cumprimos 70 anos do Juvenil”
O entramado é un gran corpo técnico. Agora temos que empezar a crecer no apoio institucional, empezando polo municipal, tomando en conta que neste 2021 cumprimos 70 anos do Juvenil e co difunto Pepe (Represas) tiñamos deseñado un proxecto “de 70 a 75”. Temos por tanto que falar coas 23 parroquias, coa vila, co empresariado e mais cos comerciantes.
Por qué a vila de Ponteareas non é capaz de ter un equipo consolidado en categorías superiores? Qué falta para que se poida alcanzar este obxectivo?
Eu o que teño moi claro é que ás veces o que necesitamos é demandar cariño. Ponteareas é o que nós queremos que sexa. Á vila os que teñen que poñerlla en valor son os ponteareáns. Neste momento estamos á par a nivel de poboación coa categoría deportiva na que estamos. Estamos entre as 23 vilas galegas con equipo en categoría de carácter nacional, incluídos Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Ferrol, Santiago, A Coruña, Lugo. O que temos que facer é unha chamada para arrimar o hombro porque en Ponteareas sabemos apreciar o bo traballo.
Pero aquí estamos falando da necesidade dun apoio constante, perenne.
Pero fáltanos cultura para alcanzar eses micropatrocinios, especialmente en materia comercial. A publicidade é un investimento. Neste momento xa hai en Ponteareas ese caldo de cultivo para que isto empece a dar froito. En Ponteareas estamos a transformar esa preocupación cidadá por ter responsabilidade co Juvenil. Hoxe, o Juvenil son os 23.000 habitantes de Ponteareas mais os da bisbarra de Condado-Paradanta.
“Fáltanos cultura para alcanzar eses micropatrocinios, especialmente en materia comercial. A publicidade é un investimento”
Pero a xente xoven das aldeas xa non teñen o mesmo espírito que tíñase antes co Juvenil.
Porque en vez de “acariñalos” co Juvenil, os clubes que habían ao redor “encabronábanse” co Juvenil. Aínda así, a xente de Moreiras, de Oliveira veñen a Pardellas a ver ao Juvenil.
Pero terás que buscar unha fórmula atractiva para que o Juvenil sexa a orixe desa identidade, que provoque a asistencia a Pardellas da xente das aldeas. Implicar á xente co Juvenil.
Temos un proxecto de levar ao campo de Pardellas con novos logos, novas formas, copiar dos modelos do fútbol alemán, do inglés, que transforme a cultura do fútbol amateur. Cando vexamos a rapaces coa gorra ou a camiseta do Juvenil, que saen así á rúa e van ao campo de Pardellas, estaremos vendo que aquí estamos a cambiar algo. Esa aposta vaise facer dende aquí e esa batalla ímola gañar dende aquí. Ten que ser a bandeira do que queremos para a nosa vila, para a nosa comarca.
“Temos un proxecto de levar ao campo de Pardellas con novos logos, novas formas, copiar dos modelos do fútbol alemán, do inglés, que transforme a cultura do fútbol amateur”
Cómo está a situación da plantilla de cara a próxima tempada?
A Federación limita en 22 xogadores o número máximo para a plantilla. Temos a plantilla completa, con algúns xogadores a proba. Podemos utilizar xogadores do equipo B no A. O noso orzamento está pautado en 180.000-200.000€. Temos actualmente 150 socios e agardamos chegar aos 500.
E de onde pensades sacar ese orzamento?
O noso apoio fundamental este ano ten que ser o Concello, así como a Deputación de Pontevedra e moita menos cuantía da Xunta de Galicia. A Real Federación Española de Fútbol, que nos dará sobre 40.000€ dentro do Programa Impulso para profesionalizar o deporte, para costear desprazamentos, loxística, etc.
“Con empeño, con ilusión e con o apoio que estamos seguros que imos ter dos cidadáns amigos do deporte, acadaremos os nosos obxectivos, que non son outros máis que facer da S.D, Xuvenil o centro de atención do deporte do balón no Condado-Paradanta”
Dereitos televisivos?
Hai 2.000€ da TVG para retransmitir algún resume do partido. Estamos nunha aposta moi forte polo comercio local e comarcal, e queremos ser o escaparate da comarca, do Condado-Paradanta en toda Galicia. Alí onde vaia a xogar o Juvenil temos que lograr que a xente, ao pouco de acabar o partido, coñeza un pouco mais Ponteareas, pola promoción dos nosos productos propios, pola oferta turística da nosa contorna, etc. Con empeño, con ilusión e con o apoio que estamos seguros que imos ter dos cidadáns amigos do deporte acadaremos os nosos obxectivos, que non son outros máis que facer da S.D, Xuvenil o centro de atención do deporte do balón no Condado-Paradanta, con promoción económica, repartindo folletos da comarca, etc.