Ourense | Un ano máis, e xa van 17 carrexando ilusión e xoguetes aos nenos mais necesitados. As tendas Juguettos de Ourense e Orixe Publicidade e Comunicación, poñen en marcha esta campaña, na que colaboran máis de 50 establecementos da cidade. Nos seus negocios poderanse mercar os lápices, por só un euro, con distintos deseños, mais de 15 modelos diferentes.
En palabras de Avelino Jácome representante de Orixe, “este ano hai máis necesidades que nunca, pero os ourensáns son moi solidarios e estou seguro, que a pesares das dificultades van a colaborar máis que nunca”, mostrouse así de esperanzado no arrinque oficial e engadiu: “Agradezo ós medios de Comunicación a súa labor, dando a coñecer esta iniciativa, e como non a cada un dos negocios do comercio local que a pesares de estar en malas condicións nestes intres, fixeron un esforzó para seguir mantendo a sua solidaridade con quen máis o precisan.
A campaña durará ata o 6 de xaneiro do 2023 comentanos Manuel Lorenzo Reguera, gerente de Juguettos Ourense “o obxetivo e chegar os máis nenos posibles, cando menos a tantos coma nos anos anteriores. Contamos coa axuda de moita xente e ímolo conseguir.”
Este ano incorporanse novos modelos para aqueles coleccionistas que dende a primeira campaña, gardanos coma verdadeiros tesouros, en tempos difíciles a solidaridade ten moito máis mérito, e os ourensáns acudirán de seguro coma tódolos anos á cita co lapiz solidario.