O Porriño | Mañá martes comezarán a traballar os voluntari@s inscritos para seleccionar e embalar os alimentos non perecedoiros recollidos durante a campaña #GivingTuesday (Martes para Dar), na que o Concello do Porriño implicouse conforme o acordo que acadou o pleno infantil celebrado o pasado 15 de novembro.
Segundo informa Noelia de la Fuente, responsable da Oficina Municipal da Xuventude (OMIX) “contamos xa cun importante número de persoas voluntarias inscritas para o programa municipal de voluntariado que promove a Concellería que dirixe Lourdes Moure”.
A primeira tarefa dos voluntarios será a clasificación e distribución da gran cantidade de alimentos recollidos tanto polos nenos e nenas dos centros escolares do concello como a través da colaboración cidadá.
Este traballo realizarase en colaboración co banco de alimentos de SOS Porriño, e todo o material recollido será distribuído posteriormente entre as familias con menos recursos da localidade.
Noelia de la Fuente engadiu que “se algunha persoa está interesada ainda en sumarse a este programa municipal de voluntariado poderá informarse e inscribirse na OMIX do Concello, situada no edificio do Centro Cultural Municipal.