Ponteareas/PSdeG | O Ministro de Cultura puido visitar o Concello de Ponteareas e un dos emblemas do patrimonio ponteareá, o Castro de Troña. “Un dos meus obxectivos como alcaldesa é por en valor o noso patrimonio como punto de atracción turística”.
Pola súa parte o Ministro de Cultura, José Guirao, animou ir votar a todos os veciños de Ponteareas para as elección europeas e municipais do vindeiro domingo ao Partido Socialista “como punto de continuidade ás políticas sociais impulsadas polo goberno de Pedro Sánchez”.
Neste encontro, Garrote aproveitou para falar co Ministro sobre a realidade do Concello. Por outro lado, os socialistas entregaranlle a Guirao uns agasallos, como son uns cd´s de música dos dous grandes compositores ponteareáns, Reveriano Soutullo e Rogelio Groba, uns libros sobre o patrimonio material e inmaterial da vila do Tea, e unha invitación formal para a súa asistencia ao Corpus Christi 2019 que terá lugar en xuño deste ano.