Pontevedra | O 21 de decembro do ano 2020 Casa Asia fixo pública a resolución dos seus últimos Premios, os máis importantes no ámbito das relacións da lingua española con Asia.
Despois do fin de estado de alarma, o próximo luns día 7 de xuño, entregaranse coincidindo co acto de conmemoración do 20 aniversario da institución, coa presenza, entre outras personalidades, da Ministra de Exteriores ou a Alcaldesa de Barcelona. Poderase seguir en liña desde as 13:00 na canle de Youtube de Casa Asia.
O fundador do IGADI, Xulio Ríos, moañés afincado en Baiona, foi distinguido na categoría de Cultura e Sociedade, polo seu traballo na divulgación da realidade chinesa ao longo da súa carreira profesional e como director do Observatorio de Política China e do IGADI.
A súa última obra dispoñible en galego é “A metamorfose do comunismo na China” unha historia do Partido Comunista de China no ano do seu centenario (Kalandraka 2021).