“O modelo de organización das Festas de San Telmo está a ser un rotundo éxito”

Enrique Cabaleiro | Alcalde de Tui

Do 8 ao 17 de abril, Tui celebrará as súas tradicionais Festas de San Telmo, declaradas de interese turístico galego, confirmando así a volta á normalidade. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, comentou sobre pormenores da edición 2023 e outros temas de actualidade.

Festas de San Telmo 2023. Volvemos á normalidade?
Efectivamente, xa a edición pasada (2022) se celebrou con total normalidade sendo ademáis un rotundo éxito o modelo de organización, descentralizando as actuacións por todo o entramado urbano, con grande implicación do casco histórico e coa centralización das atraccións no ámbito urbano de Cam-Fram, rúa Mártires de Sobredo. Polo tanto ese será o modelo a seguir neste ano.

En que medida beneficiarán a Tui as obras que actualmente se levan a cabo na autovía A-55?
A priori o beneficio será para o parque empresarial de Areas, toda vez que facilitan as comunicacións con ese zona empresarial, despois de moitas peticións por parte das empresas alí instaladas. Polo tanto o que é beneficioso para o noso texido empresarial tamén o é para o Concello. Aínda que non podemos obviar que esa obra terá todo o sentido cuando se remate a totalidade da vía de comunicación co resto de Concellos do Baixo Miño.

Tui está acadando protagonismo dentro da Rede de Xudarías. Como está beneficiando isto á promoción exterior do Concello?
A Rede de Xudarías é un instrumento máis que se suma non só á promoción do noso Concello dende o punto de vista turístico, senón tamén a por en valor, a protexer e a dar a coñecer o importante legado xudaico da nosa cidade, polo que cada vez se interesan mais persoas de todo o mundo.

 

 

“O balance do Xacobeo 2023 foi moi positivo en canto a número de peregrinos, case 100.000 durante 2022”

Rematou o Xacobeo 22-23. Que perspectivas ten o Concello co respecto á ruta peregrina polo Camiño Portugués?
O balance do Xacobeo 2023 foi moi positivo en canto a número de peregrinos, case 100.000 durante todo o ano pasado. A sorpresa é que este ano agardábamos unha recondución de esas cifras e estamos observando que neste primeiro trimestre, que habitualmente é moi pouco proclive a peregrinos e turistas, incrementouse nun 70% o número de peregrinos, o que nos fai pensar que a priori todo apunta a seguir a alza durante este ano. Ademáis os estudos constatan que cada vez o Camiño gana peso no desenvolvemento económico do noso Concello.

Eleccións municipais 2023. Que prioridades ten o alcalde para optar pola súa reelección?
Seguir avanzando no proceso de cambio e transformación do noso Concello iniciado ao principio desta lexislatura, toda vez que temos acadado un alto nivel de financiación de proxectos tanto de recuperación de espazos públicos, no casco urbano e nas parroquias, coma na rehabilitación de edificios e equipamentos públicos, cuxas obras están a piques de comezar. Ir culminando eses proxectos é a prioridade.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.