Arbo | O pasado 26 de abril de 2021, celebrouse a I GALA DE CALIDADE TURÍSTICA NO DESTINO SICTED CONDADO PARADANTA, evento donde se entregou un ano máis o distintivo SICTED a o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”, un distintivo que premia a excelencia e a profesionalidade de empresas e servizos túristicos.
O acto ao que asistiu o alcalde de Arbo, Horacio Gil e o responsable do Museo Arabo, Guillermo Gayoso, donde este último recibiu o distintivo SICTED da man do alcalde.
O centro de Interpretación do viño e a Lamprea Arabo, leva recibindo este distintivo de calidade dende o ano 2006. O distintivo é o soporte que acredita o cumprimento dos requisitos establecidos na metedoloxía e recoñece o esforzo e compromiso de calidade e a mellora continua, a vez que distingue o establecemento frente a competencia – informa o alcalde Horacio Gil.
“O centro de Interpretación do viño e a Lamprea Arabo leva recibindo este distintivo de calidade dende o ano 2006”
O Centro de Interpretación do viño e da Lamprea Arabo, e unha fiestra cara os visitantes para descubrir o que o Concello de Arbo pode ofrecer, ademais de transmitir a través dos paneis e os vídeos a verdadeira realidade e a historia de Arbo.
No ano 2020 mellorouse o deseño, promoción e execución da actualización e mellora da exposición permanente do centro de interpretación da lamprea e do viño do condado“ coa dotación de sistemas multimedia para o visionario de contidos de vídeo e interactivo: pantallas táctiles, monitores de vídeo e proxectores con novos videos, fotografía, grafismos, vídeo e contidos interactivos e redacción de novos textos.
O Museo Arbo, alberga un espazo cunha exposición permanente sobre a Festa da Lamprea. A primeira Festa da Lamprea ten lugar o día 16 de abril de 1961, organizada por un grupo de veciños, funcionarios e restauradores do Concello a cargo da Comisión “Pro Homenaxe á Lamprea”, con esta exposición permanente mostrase o traballo realizado e a importancia desta xornada festiva, así como, tamén é o recoñecemento a unha riqueza antiga e inmemorial que o Arbo proporciona.
Según afirma o rexedor, Horacio Gil, o municipio de Arbo, permite aos visitantes disfrutar dunha excelente enogastronomía, e a súa vez ofrece cultura, patrimonio e magnificos paisaxes. Arbo, cada vez, é máis demandado polo público en xeral.