Vigo | Este 12 de setembro, Vigo foi pioneiro en Galicia en acoller unha mesa electoral para celebrar os comicios parlamentarios rusos. Deste xeito, a comunidade rusa residente en Galicia, que achégase aproximadamente ao millar de persoas, tivo a oportunidade de participar nestes comicios parlamentarios.
As eleccións parlamentarias rusas se celebrarán o vindeiro 19 de setembro. De xeito anticipado, un total de 13 cidades españolas teñen a oportunidade de participar electoralmente, destacando ademáis de Vigo, Madrid, Barcelona, Alicante, Valencia, Santander, San Sebastián, Roquetas del Mar e Marbella, entre otros. Unha expresión máis do compromiso do Estado ruso por ampliar a participación política e electoral da súa diáspora.
A celebración desta xornada electoral realizouse na sede do recén constituído Consulado Honorario da Federación Rusa en Galicia, cuxo Cónsul Honorario é Pedro Mouriño. No proceso electoral tamén participou como observadora oficial Marina Bakhtina, presidenta da Asociación “Eslavos en Galicia”.
Dmitry Bólbot, Secretario de Comunicación da Embaixada da Federación de Rusia en España, encabezou a delegación da Embaixada e do Consulado Xeral de Rusia en Madrid que se trasladou a Vigo para realizar o proceso electoral. O Sr. Bólbot tivo a amabilidade de atender a Foro A Peneira para falar da importancia destes comicios realizados na cidade olívica.
Por primeira vez, Galicia ten un centro de votación para as eleccións parlamentarias rusas. Qué expectativas observa en torno a este proceso?
O noso obxectivo principal é dar a oportunidade para todos os nosos compatriotas rusos para que poidan votar e participar na vida política da súa patria. Por iso estamos aquí e por iso abrimos as mesas electorais en varias cidades españolas. Ademais organizamos votacións anticipadas na Embaixada rusa en Madrid, no Consulado Xeral en Barcelona e en Andorra, entre outras.
Cantos escanos se renovan nestas eleccións parlamentarias rusas? Cantos partidos políticos participan neste proceso electoral?
Participan 14 partidos políticos e se renovan 450 escanos da Duma Estatal.
As enquisas preelectorais en Rusia dan como favorito nestas eleccións a Rusia Unida. Para este vindeiro período parlamentario 2021-2026, considera que se impulsarán reformas lexislativas e incluso constitucionais?
Como funcionario non estou autorizado para dar prognósticos de carácter electoral. Eu sempre falo dos feitos. Podemos ver que durante este anos, en Rusia houberon varios cambios moi positivos. O país é respectado a nivel internacional. Se aceleraron moitos cambios na vida interna de Rusia, con moitos logros en servizos sociais e con perspectivas para desenvolvernos mais. Ademais están os eventos internacionais, como o Mundial de Fútbol de 2018, que tivo un nivel espectacular. O mundo agora sabe que nós cumprimos co que prometemos.
En 2018 se realizou por primeira vez aquí en Galicia unha elección presidencial rusa, organizada pola Asociación “Eslavos en Galicia” con apoio da Embaixada e do Consulado rusos. Hoxe se repite esta experiencia coas eleccións parlamentarias rusas. Recentemente se nomeou por primeira vez un Cónsul Honorario de Rusia en Galicia, na persoa de Pedro Mouriño. Podemos por tanto dicir que Rusia está vendo con moito interese a Galicia como posible socio estratéxico?
Tradicionalmente temos moi boas relacións con España. Grazas tamén ao noso Cónsul Honorario Pedro Mouriño e as nosas compatriotas activas da comunidade rusa en Galicia como é o caso de Marina Bakhtina, estamos desenvolvendo todas as relacións que temos e aproveitamos todas as posibilidades para desenvolver a nosa amizade e a nosa cooperación económica así como en todos os campos.