Ourense | No Centro Cultural Marcos Valcárcel entregaronse os diplomas acreditativos do curso 2021-2022 do Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense. Os talleres, impartidos por Manuel Brañas e Carlos Castro, xiraron arredor das especialidades de gaita, requinta, pito pastoril e instrumentos de percusión e medievais.
Como peche do acto, Vanesa Muela e Rodrigo Jarabo ofreceron un concerto no salón de actos, cunha escolma de cancións tradicionais de Castela e León. Ambos teñen unha amplísima experiencia ás costas e son auténticos referentes do folclore español: Muela ten dous premios nacionais neste eido mentras que Jaro ofreceu numerosos concertos e tamén destaca como docente e divulgador.