O Pavillón Municipal de Salvaterra terá iluminación fotovoltaica

Coa implantación de paneis solares e substitución de luminarias cun investimento de 60.000€

Salvaterra de Miño | O Concello comezou as obras de instalación fotovoltaica e de substitución de luminarias no Pavillón Municipal. A obra, subvencionada polo fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos Concellos de Galicia, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte, por un importe de máis de 60.000 euros, consiste na implantación de paneis solares fotovoltaicos para a xeración de enerxía eléctrica para a alimentación da iluminación e da xeración de enerxía térmica para os acumuladores de auga quente sanitaria ACS. Ademais substituiranse as luminarias da pista deportiva, por luminarias de maior eficiencia con tecnoloxía LED.

Con estas medidas o Concello busca adecuar os niveis de iluminación ás necesidades visuais, mellorar a eficiencia e o aforro enerxético, coa conseguinte disminución de emisión de gases de efecto invernadero e reducir os gastos derivados do consumo eléctrico e de mantemento das instalación e tamén adaptar o edificio á normativa vixente cunha maior eficiencia, tanto económica como enerxética, disminuíndo a emisión de CO2 á atmósfera. Esta é unha acción que se enmarca dentro das liñas de actuación aprobadas no Plan de Acción polo clima e a Enerxía Sostible aprobado polo Concello de Salvaterra de Miño no ano 2022.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.