O Pereiro de Aguiar | A corporación municipal aprobou o orzamento que medra en máis de 130 mil euros grazas ao aumento de poboación e actividade económica, así como aos acordos con outras administracións que permiten obter importantes achegas para executar obras e prestar máis servizos.
No apartado do gasto destaca o social e políticas de igualdade que ascende as 1,12 millóns de euros; educación, cultura e deporte 711 mil e 2, 17 millóns de euros que figuran no anexo de inversións. “O orzamento axustado e realista resulta equilibrado, mantén a débeda cero e pechou o pasado exercicio cun remanente de tesourería positivo de 516 mil euros”, segundo o alcalde do PP Luís Menor Pérez (na foto).
“O orzamento do noso concello segue a medrar, parello ao aumento de poboación (máis de 400 veciños nos últimos catro anos) e a actividade económica (lideramos a renda per cápita da provincia e temos máis actividade e afiliados a Seguridade Social que antes da pandemia), agrego o rexidor.
Todo isto dentro dun marco de conxelación de impostos, baixadas de algúns deles (ICIO, exclusión do IVTM para vehículos históricos e de máis de 25 anos, bonificacións para os eficientes e ICIO máis reducido ao 1% para as obras que supoñan a instalación de enerxías renovables en particulares e pequenas empresas). As políticas sociais e de igualdade reciben 1,2 millóns de euros o cal acredita o total compromiso de ofrecer os mellores servizos aos veciños.
Axuda no fogar, xantar na casa, Tele asistencia, e xa plenamente consolidado o centro de maiores dos Gozos reciben a financiación que precisan para atender a todas as demandas. Neste orzamento consolídanse todas as liñas de axudas postas en marcha nos últimos anos: compra de libros e material escolar, nacemento de fillos ata os 3 anos, familias numerosas, compra de material informático para os estudos e axudas a deportistas individuais.
Cun investimento de más de 170 mil euros en conciliación que presta servizo a preto de 150 nenos e 100 familias que usan este servizo totalmente gratuíto para eles é un servizo totalmente prioritario e estratéxico para o concello.
O anexo de inversión ascende a 2,17 millóns de euros e basease en acordos, convenios e subvencións obtidas de outras administracións (Deputación, Xunta e Goberno Central).
As principais liñas de inversión son: melloras de abastecemento e saneamento, 450 mil euros; firme aposta polo medioambente e loita contra o cambio climático con inversións en eficiencia enerxética e xeración de enerxía para autoconsumo; melloras de políticas de reciclaxe e adquisición de material para a prevención de incendios, 630 mil euros . Estradas e camiños municipais así como obras de humanización, 927 mil euros. Cultura e turismo, 110 mil euros.
Todo o anterior cun orzamento que mantén a débeda a cero, que conxela impostos es as taxas e que os reduce noutros casos (ICIO, IVTM) así como que mantén un crecemento sostido acorde co seu dinamismo económico e aumento poboacional xa que logo pasou de 4.6 millóns no ano 2019 ao 6,7 neste ano.