O Pereiro de Aguiar (Ourense) | Os delegados territoriais da Xunta de Galicia en Ourense e Vigo, Gabriel Alén e Marta Fernández-Tapias, asistiron ao acto celebrado no concello de O Pereiro de Aguiar para conmemorar o 250º aniversario do nacemento do coronel Cachamuíña, figura clave na historia de Ourense e Vigo e, por extensión, de Galicia.
Bernardo González del Valle, fillo ilustre de O Pereiro de Aguiar, non o menos na cidade que liberou do xugo do exército francés ao fronte do aparato militar da Reconquista de Vigo. Daquela fazaña, na que Cachamuíña logrou quebrar a machetazos a Porta da Gamboa e converter a Vigo na primeira localidade de Europa en expulsar as tropas napoleónicas fai hoxe 212 anos.
Un fito histórico que hoxe recordaban Alén e Fernández-Tapias no acto de homenaxe a este histórico persoeiro que os vigueses conmemoran cada ano como “A Reconquista”, a primeira Festa de Interese Turístico Nacional en lograr esta distinción na cidade de Vigo e a duodécima de Galicia. “Un orgullo para Vigo, para Ourense e para toda Galicia”, coincidiron en sinalar.