O Pereiro de Aguiar | A plataforma de licitación da Xunta sacou a concurso as novas obras de construcción do novo aparcadoiro e humanización do entorno da Casa Consistorial.
Ata o 11 de maio se poden presentar ofertas polas empresas que o desexen. Os tempos que se manexan son que se poidan adxudicar no mes de xuño e no mes de xullo se inicien as mesmas para rematar antes de fin de ano.
As obras consistirán na construción dun novo aparcadoiro nos terreos que o Concello comprou o ano pasado e que xa serven de aparcadoiro provisional cunha trintena de prazas. Tamén na humanización da contorna do Consistorio facéndoo máis accesible e seguro para os cidadáns que acoden cada día as instalacións e ao resto da capitalidade municipal ao tempo que moito máis atractivo.
Estas obras dan continuidade a primeira fase que tivo por obxecto a humanización de parte do núcleo do pobo e a súa conexión co novo centro médico. A cuantía das mesmas achegase aos 180 mil euros. “Unha gran mellora para a nosa capitalidade e para o servizo dos vecinos,” afirma o alcalde Luís Menor.