O Pereiro de Aguiar | O espazo de máis de 17 mil metros cadrados da Fundación Cum Laude, no entorno do encoro de Cachamuíña, mellora a súa oferta artística e natural así como a mobilidade e comodidade do espazo de uso público. O encoro de Cachamuíña e xa un espazo cardioprotexido grazas a colaboración do responsables das Cabanas nas que se veñen de instalar un desfibrilador semiautomático accesible ao público que o poida precisar.
“O turismo de natureza é un dos nosos grandes reclamos turísticos. Agora xa de novo dentro do Xeodestino turístico Ribeira Sacra debemos poñelo en valor, e para elo cumpre dar a coñecer diversas actuacións que, dende o ámbito público e privado conflúen neste obxectivo común: que os nosos veciños desfruten máis si cabe do seu concello e que atraer novos visitantes que nos coñezan e poidan repetir ou recomendar o destino” sotén o alcalde, Luís Menor Pérez.
Ampliarase a oferta cultura con novas obras de arte entre as que destaca “o banco do encoro” de inspiración Gaudiana que está a converterse nun reclamo moi importante do lugar. Ademais, melloráronse os sendeiros para pasear polo espazo e creáronse novos lugares de repouso e observación”.
Vense de rematar a sinalización das conexións entre as rutas existentes e que superan os 65 quilómetros: Sicenata Pacata, ruta dos Muiños, ruta dos picos de Covas–Triós e ruta do Grañal. Con elo confórmanse unha extensa maia de rutas habilitadas e sinalizadas que permiten percorren todo o concello promovendo hábitos de vida saudable e disfrutando do rico patrimonio cultural. O Pereiro é un magnifico plan para os días de lecer dentro da Ribeira Sacra.