Deputación da Coruña | O Pleno da Deputación da Coruña aprobou na súa convocatoria deste mes de abril un modificativo de crédito que incrementa o Plan Único de Concellos en 25 millóns de euro, pasando así a contar cun orzamento de 89.600 millóns.
Os concellos verán incrementadas os fondos que reciben a través do POS+ da Deputación da Coruña despois de que o pleno deste 30 de abril aprobara o modificativo de crédito polo que pasa a contar cun orzamento de de 89.600 €, ao sumar 25 millóns aos 64.600.000 € iniciais. O Plan Único de Concellos deste ano 2021 incluía 14 millóns destinados a usos de carácter social para paliar as urxencias orixinadas pola crise provocada pola pandemia.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou a utilidade do plan para mellorar as infarestructuras e servizos dos 93 municipios da provincia, así como para atender as necesidades no eido social derivadas da pandemia da Covid-19.
“O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou a utilidade do plan para mellorar as infarestructuras e servizos dos 93 municipios da provincia, así como para atender as necesidades no eido social derivadas da pandemia da Covid-19”
“Con esta achega extraordinaria que aprobamos hoxe por unanimidade no pleno, o Plan Único alcanza de novo os 90 millóns de euros este ano, unha cifra moi importante que representa case a metade do orzamento anual da Deputación e que vai a axudar á recuperación económica da provincia e á creación de actividade económica e emprego”, afirmou González Formoso, que subliñou “a adaptación” do POS+ á actual situación, destinando parte dos fondos a gastos sociais e permitindo que sexan os municipios os que decidan as súas prioridades á hora de investir os fondos que lles achega a Deputación.
Para o vicepresidente e deputado de Plans Provinciais, Xosé Regueira, “afortalar e dotar de orzamentos o Plan Único é unha das mellores decisións que pode tomar esta institución porque ninguén mellor que as corporacións locais para decidir en que investir os seus orzamentos e, por esta razón, temos claro que é a ferramenta máis útil e acaída para trasladar aos concellos o orzamento da Deputación da Coruña, con criterios obxectivos e unha distribución xusta”.
Xosé Regueira apuntou tamén que estamos ante un Plan Único “cuantioso ante un momento difícil, o que é unha boa noticia para os concellos e tamén para os sectores económicos da provincia que ven como a Deputación da Coruña segue facilitando capacidade de investimento nos seus territorios”.