O Porriño | A alcaldesa Eva García acudiu hoxe á clausura do curso de “auxiliar de operacións básicas de restaurante-bar” para persoas con disversidade intelectual, promovido por “Aceesca” e que se desenvolveu nas instalacións de “Porremeprego”. Xunto con Angeles Leirós, xerente de “Aceesca”, tamén estivo presente David Alonso, concelleiro de Servizos Sociais e Emprego.
O Concello cedeu á devandita asociación o uso temporal da aula de restauración existente no Multiusos Municipal de Torneiros para unha formación práctica de alumnos do centro de educación especial. A formación foi de 250 horas, dende febreiro ata hoxe e participaron cinco persoas.
A alcaldesa manifestou a súa enhoraboa aos aprendices que superaron este curso e que a partir de agora realizarán prácticas en catro establecementos de hostalería da contorna, durante 150 horas máis, para completar a súa formación.