O Porriño | Coincidindo coa Semana Internacional da Compostaxe, o Concello do Porriño, a través da concellería de Medio Ambiente, inicia a entrega dos composteiros individuais que se entregarán a aquelas persoas que o tiveran solicitado.
Polo de agora foron 25 os composteiros requeridos pero todo aquel que queira facerse con un, de maneira gratuíta, pode solicitalo no Rexistro do Concello.
A entrega realizarase no Punto Limpo, no seu horario de apertura habitual (de luns a venres de 10 a 14 h e ademais os luns pola tarde de 16 a 20 h).
A Semana Internacional da Compostaxe (ICAW – International Compost Awareness Week) celébrase a primeira semana de maio de cada ano en diferentes países do mundo para informar e promover o uso da compostaxe, explicar de onde provén o compost, como utilizalo e cales son os seus beneficios.
“Dende o Concello queremos destacar a importancia de incorporar o proceso da compostaxe como un hábito de vida e dar todas as facilidades a aqueles que decidan facelo”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.
“O compost é un recurso chave na xestión dos residuos orgánicos. Trátase de reproducir o ciclo natural da materia orgánica e así contribuír na loita contra o cambio climático”.