O Porriño | O Concello do Porriño, a través do departamento de Emprego que dirixe David Alonso, anuncia que xa está aberto o prazo para os interesados e interesadas en obter contratos de 6 meses para os 25 postos de traballo convocados para reforzar diferentes servizos municipais.
Os solicitantes destes contratos deberán estar desempregados e rexistrados na Oficina do Servizo Público de Emprego (SEPE).
Na táboa adxunta recóllense os departamentos, o número e o tipo de postos de traballo e o código de ocupación para rexistrarse na oficina de emprego.
Estes contratos do Concello do Porriño contan cunha subvención da Deputación a través da Liña 3 do Plan Concellos 2021.