O Porriño | A Feira do Pan do Porriño volve un ano máis para destacar o valor dun dos produtos máis representativos da súa gastronomía: o Pan do Porriño.
Organizada polo Concello do Porriño, en colaboración coa Asociación de Panadeiros do Porriño, este evento supón un recordatorio da importancia de valorizar un producto con historia e acercar a súa tradición panadeira á poboación, á vez que actúa como punto de encontro para os panadeiros e artesáns que forman parte deste saber facer.
Esta sexta edición celebrarase na Praza Arquitecto Antonio Palacios o sábado 26 de outubro, día no que se levará a cabo o nutrido programa de actividades organizadas con motivo deste evento, que terán lugar entre as 10:30 e as 19 h e son de asistencia totalmente gratuíta.
A Feira do Pan do Porriño, un evento con moita miga
A xornada comezará cunha Mesa Redonda na que os responsables da Asociación de Panadeiros do Porriño, xunto co alcalde, Alejandro Lorenzo, e máis Edu Lavandeira formarán parte dun coloquio no que se abordarán temas como a historia e importancia do Pan do Porriño, o traballo levado a cabo pola asociación e a importancia que supón para o Concello este elemento gastronómico tan representativo.
Tamén terán lugar mostras de showcooking con Pan do Porriño da man de Julio Mato e o “Peque Pan”, un obradoiro de pan para nenos e nenas impartido pola Asociación de Panadeiros do Porriño. Como peche de ouro, a VI Feira do Pan do Porriño contará cun concerto da banda Somoza Trío.
Artesáns, benvidos!
Durante a celebración da feira, entre as 10:30 e as 19 h, instalarase un merdado de postos de artesanía na contorna da Praza Arquitecto Antonio Palacios. Aqueles interesados en formar parte do Mercado da VI Feira do Pan do poderán solicitar a súa inclusión no mesmo contactando coa organización no teléfono 604 044 529.