O Porriño | Os establecementos de hostalería do Porriño recibirán unha folla informativa para que coñezan as medidas que deben adoptar e para que teñan a información necesaria para descargar os códigos QR. Axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil serán os encargados da distribución.
O acordo acadouse hoxe nunha reunión celebrada na Alcaldía, presidida por Eva García e coa asistencia de Lourdes Moure, concelleira de seguridade, Daniel Rodríguez, inspector xefe, e Antonio Pereira Nandín, oficial de policía local, e José Manuel Fernández Sanjuán, Presidente da Asociación de Hostaleiros de Porriño (AHOSPOR).
O obxectivo é evitar problemas de exceso de capacidade e garantir o cumprimento das restricións vixentes tanto no interior como nas terrazas dos establecementos.