Os concelleiros e responsables municipais en materia de mercadillo e venda ambulante dos concellos de Porriño, Redondela, Tui, Ponteareas, Salceda de Caselas, Baiona, Mos, Nigrán, Tomiño, Mondariz e Gondomar reuníronse por segunda vez no Concello do Porriño convocados pola concejala porriñesa de Prazas e Mercados María José Martínez.
O encontro serviu para avanzar nos diferentes puntos expostos con anterioridad, “concretando xa determinadas cuestións”, puntualiza a edil recordando que “o obxectivo destas reunións é o tratamento conxunto dos diferentes problemas que se están dando en cada un destes municipios para poder unificar criterios e complementarnos uns con outros, para conseguir establecer unha Ordenanza de Venda Ambulante común e igual en todos estes concellos nos que se celebran mercadillos”.
Para os concellos de Gondomar, Tomiño e Mondariz leste foi o primeiro encontro ao que asistiron, incorporándose recientemente ao grupo pola consecución deste obxectivo: un proxecto común en materia de venda ambulante, polo que tamén se interesou a directora Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Nava Castro, que se desprazou onte a Porriño para acudir á reunión.
Tras este segundo contacto, prevese que antes de finalizar o mes de febreiro celébrese unha terceira reunión na que xa se fixen criterios e posturas. “Ata entón estivemos analizando a situación, pois os problemas expostos por uns teñen a súa resposta e solución en ordenanzas do concello veciño e por iso creemos oportuno unificar posturas en beneficio sobre todo dos vendedores para facilitar a súa integración e que se rexan en todos os lugares baixo as mesmas normas e regras, sen dar lugar a equívocos, tendo sempre os mesmos dereitos e deberes”, subliña a concejala porriñesa.
Así pois no seguinte encontro intentarase xa fixar os contidos de dita normativa co obxectivo último de poñer fin á problemática existente e establecer canto antes uns mesmos criterios en todos os concellos por igual.