O Porriño | O Concello de Porriño rende homenaxe ao Grupo Zendal pola súa traxectoria e labor social otorgándolle o I Premio Antonio Palacios á Empresa. A entrega dos premios terá lugar mañá ás 21.00 horas, durante a ceremonia de celebración do centenario da Casa Consistorial.
O Grupo Zendal naceu e creceu no Porriño, dando traballo a miles de persoas durante máis de 30 anos, cun compromiso social admirable e unha visión e un saber facer que o posiciona como referente no sector farmacéutico a nivel mundial. O Concello do Porriño homenaxea con este premio á aportación de Zendal na saúde humana e animal.
Zendal, máis de 30 anos marcando fitos na innovación en saúde humana e animal
Zendal é unha de esas empresas que puxo ao Porriño no mapa da innovación hai xa máis de 30 anos. O grupo biofarmacéutico é coñecido a nivel mundial polo seu traballo no campo da saúde humana e animal, innovando na investigación, no desenvolvemento, na fabricación e na comercialización de vacinas e productos biolóxicos, farmacéuticos e probióticos.
Co seu enfoque de “unha soa saúde” (“One Health”), Zendal traballa para mellorar a saúde dos humanos e animais no planeta, cunha visión integral, debido a súa interconexión, xa que as prevencións das patoloxías do sector veterinario afectan directamente á calidade na alimentación e saúde dos seres humanos.
Entre os fitos máis recentes de Zendal, destacan a vacina contra a tuberculose, que xa está na fase de ensaios clínicos con humanos na India, ou a producción da primeira vacina española contra a Covid-19 para a Unión Europea. En canto a saúde veterinaria, Zendal ven de lanzar a primeira vacina de tecnoloxía ADN para combatir a leishmaniasis canina, a primeira vacina para mamíferos animais con esta tecnoloxía a nivel mundial.
Club Balonmano Porriño
O Concello de Porriño recoñece o labor e os éxitos do Club Balonmano Porriño co I Premio Antonio Palacios ao Deporte, que será entregado o vindeiro sábado día 15, durante a celebración do centenario da Casa Consistorial.
O Club Balonmano é merecedor deste recoñecemento ao seu labor, especialmente coa base e o seu compromiso co deporte feminino, ademais dos fitos deportivos conseguidos nos máis de 35 anos de historia do club, e máis concretamente nas últimas tempadas.
Este club, nado no 1987, marcou un antes e un despois no deporte do Porriño. Desde case os inicios, na tempada 90-91, o Balonmano Porriño comezou a traballar coas escolas da vila para formar a cativada nos valores do deporte e na súa propia disciplina, conseguindo xa naquel entonces máis de 2.500 alumnos e alumnas do municipio e arredores.
O traballo en equipo, o xogo limpo, a perseverancia, o respecto ou a solidaridade son valores que o Club Balonmano ten moi presentes e transmite aos seus compoñentes. O seu compromiso con todos/as os/as deportistas, e especialmente coas nenas e mozas, levou ao Club á excelencia deportiva, con éxitos en competicións rexionais e nacionais.
O equipo feminino, Conservas Orbe Rubensa Balonmano Porriño, xoga na alta competición, a División de Honor Feminina (Liga Guerreras Iberdrola) e disputou tamén a Copa da Raíña chegando nesta última a semifinais en varias ocasións e acollendo o torneo nos anos 2016 e 2017. As nosas xogadoras teñen participado en preto de 20 tempadas na Liga Guerrera Iberdrola, e de seguido desde o ano 2010. Esta tempada, a histórica cuarta posición na Liga Guerreras Iberdrola, deulle ás nosas xogadoras a praza para participar na EHF European Cup.
O equipo masculino, o Campicarn-Martimpex Balonmano Porriño, ostenta tamén títulos importantes, como Campión Galego e Subcampión da Copa de Galicia na tempada 22-23 pasada, que o levaron a ascender a Primeira Nacional.
A Deputación estivo presente
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou o labor dos “construtores” que recibiron este sábado no Porriño os primeiros premios Antonio Palacios concedidos a persoas que destacaron pola súa aportación, no eido da cultura, o deporte, o social ou a empresa; a construír unha provincia máis forte e, en consecuencia, a honrar o legado do arquitecto Antonio Palacios, un dos máis destacados arquitectos do século XX en España e que deseñou edificios nobles como o madrileño Palacio de Cibeles ou a casa consistorial do municipio onde naceu, O Porriño.
“Nesta provincia, a de Antonio Palacios, celebramos o labor de todos os ‘arquitectos’, eses veciños, populares ou anónimos, que constrúen cada día unha provincia que vai a máis”, agradeceu o mandatario provincial.
O presidente puxo en valor a traxectoria e labor de entidades como as Rondallas de Pontelas e Santa Eulalia de Atios, referentes da cultura; do Club Balonmán Porriño, exemplo de deportividade; de Almanaque Agrícola ou Zendal, polo seu labor social e empresarial; ou de persoas sen as que “viviriamos nun lugar peor” como o historiados xa falecido Xosé Ramón Iglesias.
Neste sentido, Luis López recoñeceu que os edificios que erguen administracións como a Deputación “non serían máis que cáscaras baleiras sen persoas coma vós que os xustifican e os enchen de vida”.
Ademais de recoñecer a transcendencia da obra de Palacios no Porriño e no conxunto da provincia, Luis López tamén quixo valorar o peso que este municipio ten no territorio. “Un Concello que participa con éxito na industria automobilística, farmacéutica ou na loxística”, subliñou o dirixente provincial, quen tamén tivo palabras de agarimo para o alcalde e deputado, Alejandro Lorenzo.
“É outro arquitecto que ergue os mellores edificios da política local. Sobre os alicerces de cercanía, da humildade e de xornadas maratonianas de traballo, edifica un proxecto político nacido da xente e que explica a impresionante transformación do Porriño nestes anos. É un auténtico exemplo do mellor municipalismo”, afirmou o dirixente quen tamén valorou o traballo do conselleiro de Cultura e exdeputado provincial José López Campos, presente na entrega de premios.
Despois de lembrar o fito que motivou a cerimonia para esta primeira entrega de premios Antonio Palacios, que é o cumprimento do 150 aniversario do nacemento do arquitecto e o centenario da construción da casa consistorial que leva o seu selo, Luis López quixo destacar e agradecer o labor dos premiados e de toda a cidadanía do Porriño. “Antonio Palacios deixou un bo legado de construtores”, concluíu.