O Porriño | O Concello do Porriño, a través das concellerías de Medio Ambiente e Limpeza, levará a cabo ao longo deste ano unha campaña informativa para dar a coñecer á veciñanza a nova Lei de Residuos, a implantación e uso do novo colector marrón e outros recursos para a reciclaxe.
A tal fin, instalaranse mesas informativas na praza Arquitecto Antonio Palacios os días en que se celebre o mercado. Estas estarán disponibles os días 20 de xaneiro, 19 de marzo, 28 de maio, 30 de xullo, 24 de setembro e 26 de novembro.
Nelas informarase á poboación sobre a nova Lei de Residuos, que incide na obligatoriedade de separar o lixo en cada vivenda para a súa posterior reciclaxe.
Ademais, persoal técnico darase a coñecer a nova xestión dos biorresiduos a través do colector marrón. Tamén se explicará o procedemento a seguir para solicitar un composteiro doméstico e, en resumo, resolveranse todas as dúbidas que a veciñanza poida ter no tocante á xestión de residuos.