O Porriño | A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián do Porriño lanzou este 11 de decembro unha innovadora proposta que conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Porriño, para valorizar os barrios orixinarios do Porriño. Trátase da iniciativa “Barrios de Orixe”, que busca promover e valorizar a vida dos 4 barrios orixinarios do Porriño (San Sebastián, Cristo dos Cachos, San Benito e a Pontenova”).
Segundo os impulsores da iniciativa, “Barrios de Orixe” pretende promover a vida nestes barrios que levan moito tempo abandonados e que precisan unha urxente actividade urbana, económica e pública para poder serguir desenvolvendo a súa actividade.
Para elo, apostan por impulsar as actividades económicas, culturais, turísticas, gastronómicas e urbanas nos 4 barrios dende unha perspectiva de distrito urbán. Trátase dun enfoque similar ao que se deu moitas zonas hostóricas de cidades a nivel estatal e europeo, onde se fusiona a identidade, o patrimonio e a gastronomía coa modernidade e a innovación, e o emprendemento cun enfoque coordinado.
A Asociación de Veciños é conscente de que os barrios precisan un revulsivo e queren que volte a ser un referente para visitar, emprender ou vivir neles. “Hai moitísimas razóns para vir a vivir aos barrios ou a emprender un negocio. Podes restaurar unha vivenda antiga e disfrutar da súa tranquilidade e patrimonio artístico ou empredender un negocio tradicional ou moderno porque seguro que os veciños o acollen con moito cariño e o apoian. Ademáis é paso do Camiño de Santiago e un entorno cunha ampla oferta gastronómica. De feito, vir a vivir aos Barrios comeza a estar de moda, agardamos que esto se manteña”
Dende a Asociación de Veciños consideran que este enfoque pode axudar a este fin e que se trata dunha proposta en postivo. “Levamos anos impulsando unha programación cultural e gastronómica que sexa un incentivo para vir aos barrios pero sería moi positivo que este esforzo estivera acompañado coa progresiva implantación dalgún servizo municipal nalgunha vivenda mercada e rehabilitada no barrio, ou por exemplo, impulsando que o barrio sexa a sede do Museo-Fundaciòn Pan do Porriño ou algo similar para dinamizar as visitas aos barrios. Trátase de valorizar as posibilidades dos barrios para innovar no seu desenvolvemento aproveitando os seus recursos endóxenos e impulsar a creatividade e a innovación que aporten novos negocios ou xente nova que veña a vivir aos barrios”
“Barrios de Orixe” quere ser un viveiro de apoio a iniciativas culturais, de emprendemento, sociais ou de emprendemento nos barrios: Os Barrios precisan maior protecciòn pero tamén modernizar o seu enfoque urbano para permitir a apertura de novos negocios porque se trata dun entorno que aporta máis vitalmente e seguramente un negocio pode triunfar se aposta por vir aos barrios.”
Este 11 de decembro, no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño, presentouse o proxecto e a nova web www.barriosdeorixe.com onde recollena a historia, patrimonio e toda a actitidade dos catro barrios orixinarios do Porriño así como toda a súa actitidade económica, comercial e de hostelería nun proxecto que será vivo e dinámico. Ademáis, regalarán aos asistentes unha separata coa “historia dos barrios do Porriño”, o avance dun proxecto maior sobre a historia dos 4 barrios e a orixe de O Porriño.
As persoas interesadas en asistir deberán comunicalo dado o escaso número de prazas debido ás medidas de prevención anti – COVID19 (por email: aavv.sbenito.sebastian@gmail.com ou chamando ao 677727747)