O Porriño | O Concello do Porriño , a través da Concellería de Festexos e a OMIX presentará este luns “A miña Avoa”, unha iniciativa que vai poñer en marcha contando coa colaboración da Asociación de Comerciantes (Acipor), os Hostaleiros do Porriño (Ahospor), e os establecementos non asociados, durante os meses de abril e maio.
A presentación terá lugar este luns, ás 13 horas, no salón de sesións do Concello.
Este proxecto consiste na procura dun tesouro, que da protagonismo á economía local, non só coa súa implicación, senón tamén, porque os premios reverten no consumo das propias empresas locais.
O xogo consiste en localizar páxinas dun xornal vello polas empresas da zona, que conteñen 3 enigmas distintos. A través deles, a veciñanza ten que adiviñar onde se atopa o tesouro escondido. Poida que se xogue ao engano, pero só na primeira ollada, posto que non é imposible de acertar.