O Porriño | O Concello de Porriño ven de recibir o título de Cidade Amiga das Persoas Maiores que se une ao de Cidade Amiga da Infancia que ostenta desde 2018. A concelleira de Educación, Lourdes Moure Varela está a convidar á presentación aos medios informativos que se vai realizar o venres 17, ás 11 horas, no salón de plenos do Concello para que tamén acudan representantes das asociacións veciñais e culturais das parroquias do concello e de diversos sectores sociais.
No acto, a concelleira Lourdes Moure explicará en que consiste a adhesión de Porriño á Rede de Cidades e Comunidades Amigables coas Persoas Maiores. O título outorgouse pola OMS e o Imserso.
A Rede Mundial de Cidades e Comunidades Amigas dos Maiores foi promovida pola Organización Mundial da Saúde (OMS) en 2010 en resposta ao rápido envellecemento da poboación e co obxectivo de conectar cidades, comunidades e organizacións de todo o mundo coa visión común de facendo do seu entorno un lugar mellor para envellecer con dignidade e calidade.
Trátase dunha iniciativa centrada na acción local, que aborda de forma integral os aspectos que inciden no día a día das vilas e cidades e faino promovendo a participación das persoas maiores, tendo en conta as súas necesidades, opinións e propostas no proceso. de análise e mellora da localidade en diversos ámbitos, co fin último de promover un envellecemento saudable e activo.
O Imserso, a través dun Convenio de Colaboración coa OMS, é o órgano encargado de coordinar e dinamizar a Rede en España.
“IV Xornadas formativas Cidades Amigas da Infancia”
A concelleira de Educación, Lourdes Moure participou hoxe na primeira quenda das “IV Xornadas Formativas Cidades Amigas da Infancia” que organiza UNICEF baixo o título “Estratexias para a promoción da participación infantil e adolescente desde o ámbito local”.
Estas Xornadas se prolongarán ata mañá mércores e celébranse de xeito telemática.
Ademais da concelleiro de Educación, a responsable da OMIX do Porriño, Noelia de la Fuente e a nena Kiara Vázquez Lescano, integrante do Consello local da Infancia e Mocidade, representan a Porriño e participan nas reunións telemáticas.
O papel da nena Kiara Vázquez, representante da infancia porriñesa, será a de ofrecer a visión da xente nova sobre a necesidade da creación dun consello a nivel autonómico.
Este encontro organizado por Unicef para O Porriño e demais Cidades Amigas da Infancia de Galicia, está encamiñado a formar e orientar a todas as persoas que queiran promover a participación infantil e adolescente nas súas localidades. Os obxectivos principais son capacitar aos municipios de Galicia en políticas de Infancia, ofrecendo ferramentas que axuden a mellorar as súas políticas dirixidas a fomentar a participación infantil e adolescente no ámbito local.