O Porriño | O Porriño recupera unha fermosa tradición: as alfombras do Corpus, que levan seis anos sen adornar a vila.
Os preparativos para a elaboración dos tapices florais que lucirán o día 19 xa comezaron. Un grupo de voluntarias da Asociación de amas de casa, consumidores e usuarios Rosais encárgase xa de preparar o material para os mantos florais que engalanarán as rúas.
O Porriño convertirase unha explosión de cor que invita a pasear dende a igrexa de Santa María ata a praza Arquitecto Antonio Palacios para disfrutar das cores e aroma de miles de flores.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, achegouse onte a compartir coas voluntarias un ratiño de traballo e conversa. Ángeles, Chelo, María, Adela e Chiruca estaban a esfollar mimosas mentres Rosa se encargada de tinguir o serrín que se utilizará para elaborar os deseños.
Arena, serrín, mimosas, madeira, rosas, hortensias ou árnica darán forma aos debuxos. “O entusiasmo destas mulleres non só fará máis fermosa se cabe a vila, tamén contribúe a perpetuar unha valiosa tradición para moitos porriñeses e porriñesas e por iso contarán sempre co noso apoio. Estes tapices son cultura, tradición e arte”, apuntou o rexedor.
Cabe destacar que as alfombras comezaron a elaborarse no Porriño no ano 1994 e cada centos os veciños e veciñas participaban da noite do Corpus.
As persoas interesadas en colaborar poden solicitar máis información chamando ao teléfono do Concello onde lles indicarán onde dirixirse.
Peche temporal da piscina municipal
A concellería de Deportes procedeu hoxe ao peche temporal da piscina municipal para subsanar unha contaminación das augas detectada nun dos controis rutinarios e obrigatorios realizados na mañá de hoxe.
Os mesmos arroxaron baixos niveis da bacteria E.coli polo que, por precaución tal e como marca a normativa sanitaria, as instalacións permanecerán pechadas para seguridade dos bañistas e para realizar ao tratamento da auga.
Como xa dixemos, os niveis detectados son moi baixos,polo que se levará a cabo un tratamento de choque leve, e agardase que a piscina poida abrir en 48 horas. Unha realizado, farase unha nova analítica para asegurar que os niveis volven á normalidade antes de reabrir as instalacións.