O Porriño | O Goberno Municipal do Porriño, que preside Alejandro Lorenzo, vén de poñer en marcha un plan de recuperación e acondicionamento do paseo do río Louro a fin de recuperar este espazo como a alternativa verde de lecer saudable.
A tal fin, o rexedor anunciou hoxe que xa se traballa na licitación do mantemento e limpeza da senda fluvial. “O paseo do Louro é un lugar moi frecuentado polos veciños e veciñas para facer deporte ou pasear ao carón do río e é esencial que estea en boas condicións para poder disfrutar da contorna natural que ofrece”, explicou Lorenzo, “É o pequeno pulmón verde do centro urbano e neste momento atópase en moi malas condicións, por falta de mantemento, limpeza e iluminación”.
No marco deste plan de recuperación, iniciase tamén o acondicionamento funcional e estético da senda que discorre ao carón do río e das súas pontes. Unha labor que levarán a cabo os 10 alumnos/as traballadores/as da especialidade de carpintería do Obradoiro de Emprego Porriño Labora, promovido polo Concello do Porriño a través dunha subvención da Xunta de Galicia.
O rexedor, acompañado pola concelleira de Emprego, Rosario Costas, persoal do Obradoiro de Emprego e técnicos municipais, visitou hoxe a zona para valorar sobre o terreo as accións que se van a acometer.
“Realizaranse reparacións no valado de madeira do paseo, repararemos os tramos das pontes que se atopan en mal estado e recuperaranse os bancos que hai na senda que están deteriorados”, apuntou o Alcalde. “Tamén se ampliarán tramos con pavimento de madeira para poder pasear con comodidade, en definitiva, arranxaranse todos os elementos que se atopan na senda respectando a contorna natural”.
Pola súa banda, Rosario Costas, quixo destacar que estes obradoiros de emprego son “unha moi boa oportunidade para as persoas que carecen de formación xa que, se obteñen por un lado formación certificada con Certificados de Profesionalidade válidos en todo o país e á vez perciben un soldo”.
Ampliación dos horarios de estudo
O Concello do Porriño, a través da concellería de Cultura que dirixe Bienvenido Estévez, está a xestionar a reorganización de horarios e espazos da sala de estudos para atender á demanda do colectivo de estudantes.
O departamento de cultura iniciará os trámites para a contratación de persoal que permita que as instalacións estean abertas as fins de semana e horarios especiais para épocas de exames para que os mozos e mozas do Porriño dispoñan dun lugar propicio para o estudo no seu municipio. “Tamén estamos a valorar fórmulas para reubicala e coordinar o servizo coa Biblioteca Municipal”, afirmou o edil, Bienvenido Estévez.
Mentres tanto, e atendendo á petición dos usuarios, ampliaranse os horarios da sala de estudio habilitada en el centro cívico, que permanecerá aberta de luns a venres de 8:30h a 22 h de maneira continuada.
“Os horarios deben ser acordes aos horarios lectivos dos estudantes para poder responder ás súas necesidades”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Queremos que a sala de estudo estea aberta os sete días da semana e xa iniciamos as xestións necesarias para que así sexa. Os estudantes do Porriño teñen que disponer dese servizo no seu concello”.