O Porriño | O Concello do Porriño dá os primeiros pasos para a creación dun novo espazo verde público no centro urbano, que uniría as rúas Pío XII e Antonio Palacios, coa adquisición dunha parcela de 742,19 metros cadrados no centro da vila. Trátase dunha parcela ubicada xunto á Casa Consistorial que linda coas rúas Pío XII, Antonio Palacios e o Centro da Terceira Idade, e forma parte da contorna onde se executará o proxecto.
O terreo, calificado urbanísticamente como Zona Verde e Sistema Xeral 2, foi adquirido polo Concello do Porriño por 80.000 euros e xa se está a proceder ao seu acondicionamento.
A parcela dispón de todos os servizos urbanísticos básicos e necesarios como son a rede de alcantarillado, rede de subministro de agua potable, rede de subministro eléctrico e de telefonía dispostas para conectar co ámbito da futura zona verde espacio libre a executar. O alcalde, Alejandro Lorenzo, agradeceu “a boa disposición dos propietarios para facilitar ao Concello a adquisición deste terreo e avanzar na remodelación do centro urbano”.
Unha vila con calidade de vida
O proxecto no que traballa o Concello do Porriño remodelará toda a zona do parque infantil de Pío XII conectándoa, ao mesmo nivel, coa área que actualmente se emprega de aparcadoiro de vehículos, preto da casa do Concello.
“A obra consisitirá na posta en valor deste espazo xerando novas oportunidades de uso para mellorar a calidade de vida da cidadanía”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “De feito, inclúe a plantación de novas especies vexetais para dotar a contorna de máis espazos de sombra, así como a instalación de novo mobiliario”.
A maiores, mellorarase a comunicación peonil co cento urbano da localidade, pois ambas as dúas rúas conectan con outras dúas arterias da vila como son a peonil Ramón González e a Avda. Domingo Bueno (N-550); renovarase o parque infantil existente e crearase unha zona con gradas co obxectivo de poder celebrar eventos ao aire libre como concertos, conferencias e espectáculos infantís entre outros.
Concello súmase á Hora do Planeta
As luces do Templete de San Luis e da Casa Consistorial apagaranse entre as 20:30 h e as 21:30 h deste sábado 25 de marzo reivindicando o compromiso do Concello do Porriño coa natureza e o clima.
O municipio súmase un ano máis ao movemento global #HoradoPlaneta apagando as luces ao igual miles de monumentos, fogares e edificios de todo o mundo.
A ciencia é clara. Esta década debe ser o punto de inflexión onde se recoñeza valor da natureza e se priorice a súa recuperación xunto á do noso clima. Sabemos que os próximos sete anos son cruciais para determinar se nos manteremos dentro dos nosos límites, por debaixo do limiar climático de 1,5 ºC e cunha natureza máis sa e robusta, ou se pasaremos a un estado de degradación ambiental irreversible e de cambio climático desbocado con todas as súas implicacións socioeconómicas. Sete anos non son nada e o 2023 é o primeiro deles.
Por iso dende o Concello reivindican máis ambición e máis rapidez xa que o cambio climático e a perda da natureza combinadas poñen en perigo a nosa calidade de vida e a das futuras xeracións. Así mesmo, dende a administración local animan á veciñanza a sumarse a esta acción e apagar as luces durante esa hora.