Salceda / PP | O PP de Salceda acusa ao alcalde de falta de vontade para levar adiante a súa proposta de rebaixar o IBI de 0,6 ao 0,5.
A moción presentada polos populares foi aprobada no último pleno, o 3 de novembro; unha situación similar á ocorrida en 2012 cando si “deu tempo” a dar validez e executar unha subida.
Para que non afecte ás arcas municipais, esta baixada será compensada coas 800 novas altas rexistradas tras a regularización catastral levada a cabo este ano, a solicitude do propio rexedor local.
O PP lamenta que a pesar da suba de impostos municipais a débeda do Concello continúe crecendo, multiplicándose por catro dende que Marcos Besada é alcalde