Tui | O Partido Popular de Tui anunciou este mércores a incorporación da actual Presidenta do Liceo Casino de Tui, Lola Soto, que formará parte do equipo de traballo, así como tamén da lista electoral, que acompañará a Nico Montes nas próximas eleccións municipais que se celebrarán o próximo 28 de maio.
A actual Presidenta do Liceo Casino de Tui, Lola Soto, únese ao proxecto de Nico Montes de cara ás eleccións municipais do 28 de maio.