O Porriño/PP | O presidente e voceiro dos populares do Porriño, Alejandro Lorenzo, amosouse sorprendido polas irresponsables declaracións da rexedora, Eva García de la Torre mentindo sobre un tema de gran relevancia para o municipio, a comprometida ampliación do centro de saúde do Porriño.
“Todos sabemos a Eva García as contas nunca lle dan, pero desta vez non só amosa un enorme descoñecemento, senón un desinterese absoluto por un tema vital para a veciñanza que debería representar”, apunta Lorenzo.
E é que, se tivese mostrado un mínimo interese polo estado do proxecto de ampliación do PAC do Porriño -que actualmente se atopa en fase de desenvolvemento do estudo e proxecto de obra- García de la Torre sabería si existe unha partida prevista para a primeira fase de execución da obra no documento da administración autonómica.
“Unha soa chamada á Xunta de Galicia para interesarse polo estado do proxecto de ampliación tería bastado para que lle informasen de que esta territorialización está prevista e evitaría sair dicindo o primeiro que se lle ocorre e mentindo aos porriñeses e porriñesas”, continúa Lorenzo.
Na partida xenérica dos Orzamentos 2021 denominada “Actuacións en centros de saúde” singularízanse tan só algúns, pero si figuran na memoria do documento a doutación de fondos para aumento da capacidade asistencial de atención primaria con, entre outros, a ampliación e reforma do Centro de Saúde do Porriño.
Non deixa de sorprender que a rexedora acuse á Xunta de non cumplir co Porriño valéndose de mentiras pero non poña ningunha pega ao abandono total ao Porriño do Goberno Central nas súas contas.
Alejandro Lorenzo conclúe emprazando á Alcaldesa a “comportarse, a deixar de mirar a súa cor política e comece a mirar polos intereses dos porriñeses, que non merecen que xogue máis cunha cuestión tan importante. No tocante a ampliación do Centro de Saúde leva cruzada de brazos ata o de agora, limitándose a enviar notas de prensa sen mover un só dedo nen interesarse. Os demais seguimos dando pasos, sen defender nin cores, nin siglas, nin nada que non sexan os intereses do Porriño porque, eses, son os nosos”.