Vigo | Tralo reconto de votos producidos este 16 de setembro para elixir a nova presidencia da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o denominado ‘bloque de dereitas’ liderado polo Partido Popular (PP) sumou 15.384 votos por 12.204 votos alcanzados polo ‘bloque progresista’ encabezado polo PSOE. Deste xeito, o PP pasa a presidir a FEMP para o presente mandato 2023-2027, desbancando así a presidencia ata agora en man do alcalde vigués, Abel Caballero (PSdeG-PSOE)
O bloque liderado polo PP conta coa presenza de VOX, o Partido Aragonés (145 votos), Coalición Canaria (30), Unión del Pueblo Navarro (148) e Ciudadanos (18) Pola súa banda, os ‘progresistas’ están conformados ademais do PSOE por BNG (148), JuntsxCatalunya (515) e Esquerda Unida (con Para la Gente, Con Andalucía, En Comú Podem e Bildu, 732).
Deste xeito, e segundo fontes da FEMP, o novo goberno é “de consenso” no que o PP terá 13 representantes por 11 do PSOE. Foi decisiva na votación a perda dos socialistas das Deputacións de Pontevedra, Toledo, Cádiz, Huelva e Granada, entre outras así como Concellos importantes como Valladolid e Xixón.
A votación de 2023 implicou un resultado distinto á anterior de 2019. Entón Caballero saiu elixido como presidente da FEMP debido a que o PP finalmente integrouse na lista do alcalde vigués, co cal non foi precisa a votación, vencendo Caballero por aclamación.
Segundo fontes do PP, o seu presidente Alberto Núñez Feijóo está iniciando a rolda de consultas para elixir un “perfil feminino” para presidir a FEMP, coa intención de incrementar o voto feminino.