Mondariz | Despois de nove anos, o Partido Popular recupera o goberno de Mondariz. Amparado no feito de ser a segunda lista mais votada, o empresario Pablo Barcia Bello foi proclamado este 27 de setembro como o novo Alcalde nun pleno municipal que apenas durou 16 minutos.
Barcia recolleu o bastón de mando da man de Ana Corredoira, responsable interina do PP local. Non obstante, o equilibrio de forzas políticas municipais é precario: Barcia gobernará con 3 concelleiros contra 8 da oposición.
A sesión plenaria foi presidida polo concelleiro e ex Alcalde do BNG Xosé Emilio Barros Bello, o máis veterano da Corporación Municipal. Só se postularon 2 candidaturas: a de Barcia e a de Violeta Lois Fortes (PSOE)
Na primeira votación o PP contou con tres votos e o PSOE tamén tres, da sumatoria dun dos socialistas e 2 do BNG. Ao non existir maioría resultou gañador a lista máis votada, neste caso o PP.