Ponteareas/PP | No pleno ordinario do mes de febreiro, suspendido polo Alcalde, quedaron sen debater 14 mocións do Partido Popular, entre as que se incluía unha moción para que o Concello incluirá no Plan de Obras e Servizos de Concellos 2017, que conta cunha dotación de 1.144.952,94 euros, distintos proxectos de obras de ampliación e continuación das fases xa iniciadas do saneamento das parroquias de Bugarín, Prado, Padróns e Arcos, así como a pavimentación aos núcleos de poboación como o barrio de Cillarga, entre outros.
En referencia ás obras de saneamento, dicir que nos últimos anos co goberno do PP, ademais de rematar o saneamento integral nas parroquias de Xinzo, Areas e Arnoso, rematáronse catro fases na parroquia de Bugarin, dúas fases na parroquia de Prado e as primeiras fases nas parroquias de Padróns e Arcos. O custo destas obras superou os 900.000 euros, construíndose máis de 9.000 ml de colectores con numerosos pozos de rexistro, así como a construción de tres minidepuradoras, unha no Barrio da Seca en Padróns, outra en Prado e outra na Freixa en Bugarín; ademais a construción dunha estación de bombeo na parroquia de Arcos, obras que na actualidade están dando servizo a máis de 250 vivendas.
Despois de 21 meses de goberno tripartito, onde á vista do mínimo compromiso co saneamento das parroquias e dado a existencia, un ano máis, do Plan de Obras da Deputación Provincial, o Partido Popular solicitará no próximo pleno municipal ordinario a continuación destas obras de saneamento parroquial xa iniciadas.