Dacordo que a mafia pode facer favores ou tomar represalias. Pero, por favor, non votedes á mafia porque arruínan calquera país e acabades sendo os seus escravos e escravas. Este consello vale para Xapón, onde tampouco recomendaría votar pola Yakuza; para Nápoles, onde tampouco é boa idea votar pola Camorra ou para Sicilia, secuestrada pola Cossa Nostra.
E, non obstante, hai mafiosos máis honrados e menos daninos que algúns imputados/as. E ás persoas e dirixentes que defenden ao Capo di tuti di capo xente moi honrada tampouco pode ser…
Menos mal que nós vivimos nunha demo-cracia (democracia do demo) onde impera a lei… do máis forte. E que os nosos líderes naturais son bilingües: falan español e castelán e aspiran a falar inglés. E como, por fin, caeulles a carauta, moitos pactan ou se pasan directamente ao fascismo.
Do que se trata é de defenderen o status quo, de volveren atrás ou de faceren uns cambios superficiais ou cosméticos. Pero os pobos do Estado non o van consentir e, aínda que non o creades, acabaremos vencendo. Porque quen vota corrupción é cómplice, quen vota pola traición á Galiza é unha persoa traidora, quen vota indignidade é unha persoa indigna.
Nós queremos unha Galiza mellor, porque outro mundo é posíbel e necesario. E non se fai con indiferencia e resignación. Faise apoiando ao BNG. Feliz Nadal a toda a xente honesta ou que aspira a selo.