Ourense | O PSdeG-PSOE no Concello de Ourense denunciou que o alcalde a cidade adxudicou o programa de atención aos maiores a “dúas empresas relacionadas co ámbito da publicidade e a comunicación, que aparentemente non teñen ningunha vinculación cos servizos sociais”.
Foi nunha comparecencia na que os socialistas Rafa Villarino e Concha García Lozano afirmaron tratarse de “unha banalización dun problema moi serio”, e denunciaron que “non nos parece unha forma seria de proceder, xa que nos chama poderosamente a atención que non se aposte por empresas do sector”, afirmou García Lozano.
Os socialistas aseguraron que o contrato de asistencia se fragmentó en dous contratos menores co “único obxectivo” de “dalos a dedo e sen que fosen a concurso público”. Polo que din os socialistas solicitar por Rexistro do Concello acceso ao expediente e aos pregos dos devanditos contratos para poder examinalos.
Segundo os edís do PSOE, o contrato de acompañamento presencial a persoas maiores adxudicouse o 30 de decembro pasado en 18.029 euros, e o de acompañamento telefónico en 18.149. Segundo os socialistas, no municipio ourensán hai, polo menos, dez mil persoas que viven soas.